Saltar ao contido

Manuel Linares Rivas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaManuel Linares Rivas

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento8 de febreiro de 1866 Editar o valor en Wikidata
Santiago de Compostela, España Editar o valor en Wikidata
Morte3 de febreiro de 1938 Editar o valor en Wikidata (71 anos)
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióndramaturgo, político, académico Editar o valor en Wikidata
Membro de
Xénero artísticoDramaturxia Editar o valor en Wikidata
Familia
PaiAureliano Linares Rivas Editar o valor en Wikidata
ParentesLuis Linares Becerra
José María Linares Rivas
Concha Linares-Becerra
Luisa-María Linares Editar o valor en Wikidata
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDiccionario bio-bibliográfico de escritores, (vol:2, p.288-290) Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0511001 BNE: XX1058634 BUSC: linares-rivas-manuel-1867-1938 Editar o valor en Wikidata

Manuel Linares-Rivas Astray, nado en Santiago de Compostela o 3 de febreiro de 1867 e finado na Coruña o 6 de agosto de 1938[1], foi un político e dramaturgo galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo de Aureliano Linares Rivas cuxo segundo apelido tomou, e animado polo seu exemplo, logo de estudar Dereito, entrou en política. Foi deputado polo distrito de Ordes (1891, 1896 e 1899), senador pola provincia da Coruña nas lexislaturas de 1903 e 1907 e senador vitalicio dende 1914. Foi académico da Real Jurisprudencia e da Real Academia Española (1921). Unha xordeira progresiva foino inclinando á arte dramática. Empezou como redactor nas revistas El Resumen e El Nacional. Despois da estrea de El camino de la gloria e La ciencia de los hombres (1893) a súa carreira interrompeuse máis de oito anos, quizais pola negativa do seu pai a que desenvolvese o que se consideraba unha mera afección. A súa muller, Elisa Soujol O'Connor, coa que casou o 10 de outubro de 1894, animouno a seguir estreando. Varios manuscritos inéditos consérvanse na Biblioteca da Deputación da Coruña.

A súa obra

[editar | editar a fonte]

Pertence á escola de Jacinto Benavente, pero cunha nota persoal de vigor e sátira. Propuxo problemas candentes e espiñentos do mundo burgués como en La garra, que ten como tema o divorcio, e abordou o drama rural en Cristobalón, no que se percibe unha clara influencia de Terra Baixa de Àngel Guimerà. As súas obras foron moi populares no seu tempo, pero quedaron totalmente esquecidas logo da súa morte.[2] Era un teatro burgués, con situacións e linguaxe artificiais propenso a defender teses.[3]

  • Obras completas, Madrid: Hispania, 1920.
  • Obras escogidas, Madrid: Aguilar, 1947.

Teatro orixinal

[editar | editar a fonte]
Carta de Manuel Linares Rivas a José Baldomir.
Mapa do caciquismo en España, onde Linares Rivas é representado como o cacique provincial da Coruña na revista Gedeón.
Manuel Linares Rivas, retrato en Vida Gallega, 1928.
  • El camino de la gloria (1893).
  • La ciencia de los hombres (1893).
  • Aire de fuera (1903).
  • El abolengo (1904).
  • María Victoria (1904).
  • La cizaña (1905).
  • Bodas de plata (1906).
  • El caballero lobo, (1910).
  • El buen demonio (1911).
  • La raza (1911).
  • Camino adelante (1913).
  • Como buitres (1913).
  • La garra (1914).
  • La espuma del champagne (1915).
  • Toninadas (1916).
  • Las zarzas del camino (1917).
  • En cuerpo y alma (1918).
  • Cristobalón, (1920), drama rural.
  • Almas brujas (1922).
  • La mala ley (1923), drama rural.
  • La jaula de la leona (1924).
  • Alma de aldea (1924).
  • Cuando empieza la vida (1924).
  • Primero, vivir... (1926).
  • A martillazos (1927).
  • Mal año de lobos (1927), drama rural.
  • El rosal de las tres rosas (1928).
  • Hilos de araña, (1929).
  • Sancho Avendaño, (1930).
  • ¡Déjate querer, hombre! (1931).
  • Todo Madrid lo sabía... (1931).
  • Fantasmas.
  • Cobardías.
  • Lo pasado, o concluido o guardado.
  • Pájaro sin alas.
  • La fuerza del mal.
  • Lo posible.
  • En cuarto creciente.
  • El mismo amor.
  • Nido de águilas.
  • Lo que engaña la verdad.
  • La fuente amarga...

Adaptación

[editar | editar a fonte]
  • El caballero Pedrín.
  • Pau de los Pedreles.
  • Lo que no vale la pena.
  • Lo difícil que es ir al cielo.
  1. Couceiro Freijomil, A. (1952). "Linares-Rivas y Astray, Manuel". Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán) II. Santiago de Compostela: Bibliófilos Gallegos. p. 288-290. 
  2. Fidel López Criado Fausto y su circunstancia: El teatro de Manuel Linares Rivas
  3. Manuel Gómez García (1998): Diccionario Akal de Teatro. Akal, páx. 478

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]